O PP de Redondela, a través da concelleira Lorena López, criticou a actuación do goberno municipal no referente ó proxecto de ampliación da AP-9 ó seu paso por Chapela. Os populares consideran que non se está transmitindo a información a poboación de forma correcta, ademais de non atenderse as peticións realizadas por este grupo municipal nos meses anteriores.
"A escasos días do fin do período de alegacións, os responsables locais aínda non tiveron a decencia de explicar aos veciños de Chapela a portas abertas a envergadura real da ampliación para que poidan situarse e presentar alegacións en prazo se o desexan", a edil do PP redondelán, Lorena López. Os populares reprochan aos responsables locais a súa "falta de iniciativa propia xa que tivo que ser o Consello parroquial quen lles inste a celebrar unha asemblea informativa cos veciños".

A concelleira do grupo municipal do Partido Popular lembrou tamén que "a pasividade municipal fomentou que actualmente na parroquia reine a confusión pois en xeral descoñécese o alcance real das obras, co consecuente nerviosismo e alarma social entre os afectados que, como máximo, saben que se ampliarán dous carrís en cada sentido de circulación na AP-9 pero carecen de información sobre os detalles do proxecto. Ademais é preciso que coñezan en que medida veranse afectadas dotacións como o pavillón, o instituto ou o centro de saúde polas que tanto loitou a parroquia" matizou a edil popular.
O PP de Redondela, en voz de Lorena López, recorda que "no mes de xuño presentamos un rogo no pleno solicitando que os responsables do goberno local realizasen un continuo seguemento do proxecto de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela e o puxeran a disposición dos concelleiros e da cidadanía en canto tivesen coñecemento deste". "Con todo, e a pesar de que o goberno local coñece o proxecto polo menos dende Agosto" continúa a edil popular, "non convocou ningunha comisión informativa sobre a ampliación da AP-9 nin elevou o asunto ao pleno para que os grupos políticos sitúense dentro do prazo de alegacións".
