Este domingo día 22 ás 14:30h no Convento de Vilavella, terá lugar o acto central do Partido Popular no noso Concello, unha comida-mítin na que tódolos afiliados e simpatizantes do PP poderán disfrutar das palabras que nos dirixirá a nosa Presidenta Local, Paqui Canal, a nosa candidata por Redondela, Lorena López, a nosa Secretaria Xeral do Partido Popular, Mª Dolores de Cospedal e o noso candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
Contaremos tamén coa presencia do noso Presidente Provincial, Rafael Louzán, así como doutros cargos destacados do Partido na provincia e no Parlamento galego.
De ti depende que sexamos mais fortes e mais gañadores que nunca.
Contamos contigo!!
CHEGOU O MOMENTO!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario