
NNXX de Redondela adhírese á campaña posta en marcha dende a Xunta Provincial de NNXX de Pontevedra "Porque hai formas mellores de coaligarse... fai o amor e non o Bipartito".
Trátase dunha campaña que pretende unha chamada de atención sobre o ninguneo ó que a xuventude foi sometida durante 4 anos de coalición PSdeG-BNG.
Durante a xornada de mañá, martes de entroido, realizarase o reparto de preservativos que aconsellan previrse contra un novo Bipartito en Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario