miércoles, 25 de marzo de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA ESIXE Ó GOBERNO LOCAL A EXISTENCIA DUN SERVIZO ANTI-INCENDIOS NO MUNICIPIO


Os populares lamentan os danos causados pola queima provocada e sen control de varios contedores do lixo

O Partido Popular redondelán manifesta a súa preocupación polo feitos ocorridos a semana pasada nas parroquias de Chapela e Redondela, onde se produciron respectivos incendios provocados de varios contedores do lixo, que se prolongaron durante aproximadamente 30 minutos.

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/26/0003_7614812.htm?idioma=galego

A ausencia de Protección Civil e do Grumir neses días agravou aínda máis a situación, orixinando danos nas inmediacións do lugar do incidente; “suceso que se podería evitar de existir uns servizos de bombeiros ou anti-incedios no Concello”, sinala a concelleira popular Laura Alonso.

Amosando o seu malestar pola carencia dun servizo como pode ser un camión de bombeiros que estea dispoñible en calquera situación de emerxencia, dende o PP esixen ó goberno local que “solvente de inmediato esta carencia no municipio redondelán, pois un concello de 30.000 habitantes non debería depender doutras localidades contiguas para solucionar estas urxencias de lumes”. Unha dependencia que está a provocar que cuestións que nun principio suporían danos leves, “se convertan en catástrofes, cunha reparación moito máis custosa para o cidadán de a pé”, polo que reclaman, unha vez máis, que “o concello tome boa nota do asunto e presente unha solución xa”, sinala Alonso.


http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009032500_3_309679__Comarcas-reclama-servicio-contra-incendios-Redondela

http://www.vigometropolitano.com/news/170/ARTICLE/15083/2009-03-24.html

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/25/0003_7612383.htm?idioma=galego

.

No hay comentarios: