lunes, 27 de julio de 2009

O PP DE REDONDELA ESÍXELLE A REGUERA QUE EXPLIQUE AS MEDIDAS PARA SOLUCIONAR O CAOS PROVOCADO POLAS OBRAS DO PLAN E

· Os populares solicitan a comparecencia do concelleiro de Tráfico no pleno do vindeiro mércores

· Aínda existindo antecedentes, o bigoberno redondelán fixo caso omiso das protestas e peticións “sumindo a vila nun caos circulatorio e causando graves dificultades ao comercio local”

Cuadro de texto: REDONDELAO Partido Popular de Redondela esixiralle ao concelleiro de Tráfico, Eduardo Reguera, que explique, no pleno que se celebrará este mércores 29 de xullo, as medidas que o goberno bipartito ten previsto poñer en marcha para solucionar os graves problemas de tráfico e aparcamento que está a sufrir a vila por mor das obras de humanización do Plan E.

Despois de advertir reiteradamente ao goberno local da necesidade de adoptar medidas para minimizar as molestias que ían causar estas tarefas no casco urbano, ao Grupo Popular “preocúpanos comprobar como se fixo caso omiso das nosas peticións, sumindo a Redondela nun caos circulatorio sen precedentes e causando graves dificultades ao comercio local”.

O máis grave da situación é a existencia dun antecedente fai menos de dous anos, “cando se humanizou parte do centro da vila e se arranxou a praza de Ribadavia; agora, aínda coñecendo a problemática que xerou toda a obra non se tomou ningunha medida para que non se repetise a situación”.

“Fai dous meses Reguera dicía que en Redondela soamente protestaba o Partido Popular, pero supoñemos que agora os bocinazos e as protestas dos comerciantes tamén se escoitan no Concello; esperamos que as súas queixas teñan mellor acollida que as nosas protestas”.

No hay comentarios: