A agrupación xuvenil do PP de Redondela iniciou onte na Romaría Popular do PP de Galicia, unha
campaña solidaria para recaudar fondos para Jessica, unha nena redondelana residente na parroquia de Chapela, que padece unha parálisis cerebral de nacemento.
O grupo musical ferrolano Los Limones foron os primeiros en estrear os petos empregados para tal fin, e os seguiron practicamente tódolos cargos políticos que acudiron á cita, incluido
o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e un importante número de militantes e simpatizantes do Partido Popular que se desprazaron ata Silleda, aos que agradecemos moito a solidaridade e a colaboración mostrada en todo momento.

Se ti tamén queres colaborar só tes que depositar
o teu EURO SOLIDARIO nos petos que se atopan en distintos puntos do noso municipio, ou ben ingresar o teu donativo no Nº de conta de
CAIXANOVA: 2080 0030 93 0000143840.
Con isto lograremos que Jessica, que tan só ten 17 anos, poida someterse a unha operación con células nai que lle permitirá recupera-la movilidade e a fala.
COLABORA CON ELA, PODÉMOLO CONSEGUIR!!!!
http://www.vigosolidario.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario