domingo, 1 de noviembre de 2009

NOVAS XERACIÓNS DENUNCIA A APROBACIÓN DUNHA TAXA POLO USO DO LOCAL DE ENSAIO

Novas Xeracións de Redondela denuncia a aprobación dunha taxa polo uso do local de ensaio que a Xunta de Galicia puxo en marcha no noso municipio.

O Goberno local de Redondela aprobou no anterior pleno a imposición dunha taxa pola que pretende recaudar unha cantidade de diñeiro polo uso das instalacións do local de ensaio situado no baixo das antigas casas de mestres, que empregan unicamente os xóvenes redondeláns, ata o de agora de balde.

O Goberno local non só pretendía impoñer esta taxa, senón que tiña en mente subir varios impostos no Concello, afortunadamente déronse conta a tempo de que subir mais impostor aparte dos que o Goberno Central nos subiu a todos xa, é un xeito inxusto nestes intres de afogar económicamente aos cidadás de Redondela. Esiximos polo tanto que se retire de inmediato esta taxa destiñada unicamente a perxudicar as actividades culturais que desenvolven os xóvenes da nosa vila.

Resulta intolerable que unha vez mais os xóvenes sexamos as víctimas dun Goberno incompetente que, por unha banda, impón taxas onde non debería impoñelas, e por outra banda, gasta diñeiro público onde que non debería gastalo, como por exemplo, autobuses para uso partidista do BNG.



http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=321

No hay comentarios: