Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela amosa a súa solidariedade cos socios do Club de Remo de Cesantes ante os graves desperfectos sufridos, ocasionados polo temporal que atravesou Galicia a pasada fin de semana. Deste xeito, e como xa solicitaba o propio club, dende NN.XX. “instamos ao Concello a que se faga cargo das circunstancias dos mozos deste equipo”, explica Laura Alonso, presidenta de NN.XX.
Neste senso, Alonso asegura que “non hai dereito de que estean a sufrir as consecuecias dun goberno que moito promete e nada fai”. Lembra que o actual Goberno local de Redondela comprometeuse cun local de deseño en forma de barco que “finalmente só vimos afundirse no baúl das moitas promesas electorais”.
O clube de Remo de Cesantes leva anos reclamando aos responsables municipais unah remodelación das instalacións ou a construcción dunha nova sede.
O Clube síntese desprazado, "abandoado á súa sorte nun local sen as mais mínimas condicións de seguridade e sen espazo sufuciente para realizar as súas actividades en igualdade de condicións que outros veciños do noso municipio".

No hay comentarios:
Publicar un comentario