viernes, 12 de diciembre de 2008

O PP DE REDONDELA ACUSA A XAIME REY DE BLOQUEAR A COMISIÓN DOS PUBS

O concelleiro do PP redondelán presentou esta mañán un escrito aos medios de comunicación no que expón os argumentos que o levaron a retirarse desta iniciativa, "boicoteada polo equipo de goberno local".

O edil popular Alberto Pazos alega que a actitude de obstaculización e bloqueo do goberno local, imposibilitando calquera iniciativa das elaboradas pola comisión, foi a que motivou a súa marcha...

http://www.vigometropolitano.com/news/170/ARTICLE/12314/2008-12-11.html


O CLAMOR DA LIBERDADE FONTE Á INTOLERANCIA INDEPENDENTISTA

domingo, 7 de diciembre de 2008

O PSOE RÍESE DOS VECIÑOS EN CHAPELA

O Goberno local redondelán celebrou unha asamblea hoxe pola mañá cos veciños afectados no multiusos de Chapela, con motivo da ampliación da AP-9 á altura da ponte de Rande e da parroquia do noso Concello, que, xa danada por numerosas infraestructuras, terá que soportar unha vez mais a ruptura e o impacto que supón o ancheamento da Autoestrada.

En dita reunión, o grande ausente foi o BNG, que, coma se non tivera responsabilidades no equipo de goberno, fixo acto de presencia tan só mediante a parentela dos Concelleiros socios do PSOE.

Curiosamente, o prometido non se cumpriu unha vez mais, aínda que a iso xa tiñamos que estar todos acostumados, e, os técnicos que dixeron que ían levar para concretar cos veciños as afeccións reais que haberá, nin apareceron. Para sustituilos estaban 4 Concelleiros socialistas cunha preparación no tema mais que discutible: Emilio González, Carlos González, Manuel Iglesias e Eduardo Reguera, dos cales só o primeriro abriu a boca, mentres que os outros tres adicábanse a botar unha ollada ao auditorio cheo de xente.

Tras dúas horas de intervencións tanto do Concelleiro de Urbanismo coma dos veciños, que non aclarou nada, aproveitaron os señores ediles unha intervención un tanto desafortunada dun veciño para conseguir desviar a atención do seu descoñecemento a un enfrontamento aberto entre veciños de distintos colectivos.

E, desa maneira tan ruda, rematou o encontro que de feliz non tivo nada. Agardemos que a próxima asamblea que se convoque en Chapela sexa mais productiva e traian ponentes mais instruidos no que aquí vai ocorrer coa ampliación da autoestrada que ésta.