martes, 23 de junio de 2009

NOVAS XERACIÓNS CONDENA O ATENTADO DE ETA

Novas Xeracións de Pontevedra condena enerxicamente a nova atrocidade que a secta asasina ETA cometeu no País Vasco co asasinato de Eduardo Puelles.

A nosa organización defendeu e defenderá sempre a liberdade e a palabra como únicas armas de loita e reivindicación, e con este berro de condena, repudiamos unha vez mais a actuación dos fanáticos que, escudándose en dereitos da tierra, pretenden botar unha soga no pescozo das nosas liberdades e do Estado de Dereito.

Por iso, nesta ocasión volvemos unir as nosas voces contra o terrorismo sen sentido dos fanáticos etarras.

¡¡ETA NON!!