sábado 7 de noviembre de 2009
LOTERÍA DE NADAL SOLIDARIA
As participacións teñen un prezo de 3 euros, dos cales 0,50 cts irán destiñados á campaña solidaria que están levando a cabo para axudar a Jessica, a nena de Chapela que sufre parálise cerebral, e que será operada próximamente en Alemaña con células nai.
“A recadación íntegra do recargo da lotería destiñarémola este ano a axudar a esta rapaza redondelana, que con 17 anos aínda non sabe o que é falar nin dar un paso polo seu propio pé. E como desexamos de verdade a súa recuperación, decidimos entregarlle o diñeiro que recademos con esta accióná ao seu pai”.
A lotería pódese adquirir a través dos membros de Novas Xeracións, no bar MADIS do Viso, na peluquería Jorge Rubín da rúa Ribeira, ou ben reservala no correo electrónico nnxxredondela@gmail.com .
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/11/07/0003_8090130.htm
jueves 5 de noviembre de 2009
GALA SOLIDARIA POR JESSICA
Gracias por axudar a que Jessica recupere a fala e a movilidade!
Gracias pola túa solidariedade!
domingo 1 de noviembre de 2009
NOVAS XERACIÓNS DENUNCIA A APROBACIÓN DUNHA TAXA POLO USO DO LOCAL DE ENSAIO
Novas Xeracións de Redondela denuncia a aprobación dunha taxa polo uso do local de ensaio que a Xunta de Galicia puxo en marcha no noso municipio.
O Goberno local de Redondela aprobou no anterior pleno a imposición dunha taxa pola que pretende recaudar unha cantidade de diñeiro polo uso das instalacións do local de ensaio situado no baixo das antigas casas de mestres, que empregan unicamente os xóvenes redondeláns, ata o de agora de balde.
O Goberno local non só pretendía impoñer esta taxa, senón que tiña en mente subir varios impostos no Concello, afortunadamente déronse conta a tempo de que subir mais impostor aparte dos que o Goberno Central nos subiu a todos xa, é un xeito inxusto nestes intres de afogar económicamente aos cidadás de Redondela. Esiximos polo tanto que se retire de inmediato esta taxa destiñada unicamente a perxudicar as actividades culturais que desenvolven os xóvenes da nosa vila.
Resulta intolerable que unha vez mais os xóvenes sexamos as víctimas dun Goberno incompetente que, por unha banda, impón taxas onde non debería impoñelas, e por outra banda, gasta diñeiro público onde que non debería gastalo, como por exemplo, autobuses para uso partidista do BNG.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=321
viernes 2 de octubre de 2009
NOVAS XERACIÓNS ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE MARXINAR Á XUVENTUDE REDONDELANA
Novas Xeracións de Redondela lamenta a actitude inxustificada do Concello de "deixar escapar o Programa Actívate da Deputación provincial cunha variada oferta de cursos formativos"
O grupo de Novas Xeracións de Redondela denuncia a perda de cursos gratuítos para os mozos do municipio propostos pola Deputación de Pontevedra. O Concello, segundo explica a edil popular, Laura Alonso "alega que rexeitou a adhesión ao programa Actívate porque a cantidade de cursos que o compoñía era pouco, cousa totalmente incerta xa que o programa daba a posibilidade de solicitar ata un total de 18 cursos diferentes, dende idiomas ata informática, fotografía ou prevención de riscos laborais, entre outros moitos".
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=247
.
miércoles 30 de septiembre de 2009
FRANCISCA CANAL ACUSA AL GOBIERNO LOCAL DE ESTAR DETRÁS DE LA POLÉMICA DE LA CORAL ALVEDOSA

O tema politizouse dende o goberno local, que se meteu en asuntos que non son da súa competencia. “Como ten a osadía de implicarse nesta cuestión cando nunca fixo nada polos maiores do municipio? Porque promesas si que realizou, e moitas, pero todo foi un fraude electoral, xa que a residencia da terceira idade e centro de día programado para Cesantes segue sendo fume e non unha realidade, como debería selo cando o anunciou no súa campaña electoral”, explica Canal. Neste senso, é a destacar as melloras conseguidas pola directora do centro no equipamento do propio edificio, sen supoñer ningún tipo de promesa electoral, “actuando só polo ben dos maiores de Redondela”. O concello nunca aportou nada para o benestar e ocio deste grupo de poboación, mentres que o Centro Socio-Comunitario alberga unhas 500 persoas ao mes que participan nas diferentes actividades organizadas pola dirección, mellorando día a día as súas instalacións co último fin de acadar a satisfacción máxima dos seus usuarios, entre os cales, “por certo, non se atopan a maioría dos 20 integrantes da coral”.
Con todo, Francisca Canal lembra que esta polémica creouna a propia coral, pois dende un primeiro momento ofertóuselle outro local sen poñerlle ningún tipo de impedimento e, sen motivo aparente, amosaron unha reacción inxustificada. Canal non entende o comportamento do director da coral, que tamén o é da Banda de Música Municipal, agrupación coa cal Francisca, como deputada provincial, colaborou reiteradamente na adxudicación de diferentes axudas. Non obstante, o vindeiro luns emprazóuselles a unha reunión para liquidar o problema, un novo intento por parte do Centro Social-Comunitario que máis facilidades xa non pode dar.
domingo 27 de septiembre de 2009
NOVAS XERACIÓNS DE REDONDELA INICIA UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA PARA AXUDAR A JESSICA
Se ti tamén queres colaborar só tes que depositar o teu EURO SOLIDARIO nos petos que se atopan en distintos puntos do noso municipio, ou ben ingresar o teu donativo no Nº de conta de CAIXANOVA: 2080 0030 93 0000143840.
Con isto lograremos que Jessica, que tan só ten 17 anos, poida someterse a unha operación con células nai que lle permitirá recupera-la movilidade e a fala.
COLABORA CON ELA, PODÉMOLO CONSEGUIR!!!!
http://www.vigosolidario.es/
miércoles 16 de septiembre de 2009
O PP TRAE A 3 DEPUTADOS DO CONGRESO PARA DAR A COÑECER A PROBLEMÁTICA DA VECIÑANZA DE SAN ESTEBO DE NEGROS COAS OBRAS DO AVE

Escoitar os problemas polos que están a atravesar os veciños da parroquia de San Estebo de Negros debido ás obras do AVE foi o obxectivo da xuntaza...
http://www.vigometropolitano.com/news/170/ARTICLE/19044/2009-09-12.html
