
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/jovenes/PP/reparten/condones/bipartito/elpepiautgal/20090220elpgal_7/Tes
http://blogs.lavozdegalicia.es/campanamovil/2009/02/21/fai-o-amor-e-non-o-bipartito/
.
¡¡Sé rebelde, únete a nós!!

O PP de Redondela trata de “nefasta” a actuación da Xunta no municipio e afianza posicións na localidade de Chapela “tan esquecida” polo goberno local
A EDIL POPULAR LORENA LÓPEZ APOSTA POR UN GOBERNO ESTABLE, RESPONSABLE E COMPROMETIDO NA SÚA PRESENTACIÓN COMO CANDIDATA Ó PARLAMENTO GALEGO
Lorena López Rodríguez, veciña de Chapela, Licenciada en Dereito, avogada e especialista en urbanismo, foi unha das elixidas para configurar a lista do Partido Popular na provincia de Pontevedra. O venres, ás 20.30 horas no restaurante El Canario, a candidata foi presentada ante veciños e simpatizantes nun acto marcado pola reivindicación dun “goberno estable, responsable, austero e comprometido como o postulado polos populares” sinalaba a concelleira. López apostaba por Alberto Núñez Feijoo como “a persoa próxima e preparada, excelente xestor e líder responsable, merecedor da confianza dos galegos para asumir as rendas dunha Galicia esquecida pola ambición política do bigoberno da Xunta”.
Os populares aseguran que o bipartito da Xunta resume a súa andaina no municipio como “un mal soño, con moitas fotos e poucos feitos, que pechan cun balance de catro anos de plans e proxectos completamente alleos aos interese veciñais”. Neste senso, López reseñaba a situación de abandono que sofren os problemas cotiáns dos redondeláns, plasmada nunha longa lista de incumprimentos que deixa o bigoberno sobre a mesa, tratando de nefasta a actuación da Xunta no municipio. Tamén recordaba á localidade de Chapela como “a parroquia sempre esquecida dende o goberno local e prexudicada polos derradeiros plans de infraestructuras procedentes da Comunidade Autónoma”.
A edil aseguraba que “xa é o momento de poñer fin a esta situación indesexable de división, enfrontamento e disconformidade”, animando a tódolos presentes a mirar cara o futuro na procura dun diálogo entre o goberno da Xunta e a sociedade, “unha cuestión só posible cun goberno popular”.
A campaña electoral segue nesta xornada de co mitin de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo, na Praza de Toros de Pontevedra a partir das 17.30 horas. Para esta ocasión, o PP de Redondela pon a disposición de todos os interesados, de xeito gratuito, un servicio de autobús para acudir a este encontro “tan importante e de gran relevancia”.
Tamén haberá oportunidade dunha xuntanza, o domingo día 22 ás 14.30 horas, coa celebración dun xantar-mitin no restaurante Convento de Vilavella en Redondela.
Paralelamente a todos estes eventos, o partido local ten previstas unha serie de visitas a tódalas parroquias do municipio “coa finalidade de apoiar e reforzar a campaña co reparto de propaganda electoral e de coñecer as necesidades de cada barrio escoitando as inquedanzas dos veciños”, explica Francisca Canal. Actos dos que se irá informando no seu momento.