lunes, 20 de abril de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA ESÍXELLE RESPONSABILIDADES E UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA Ó GOBERNO LOCAL ANTE A FALLA DE MEDIOS POLICIAIS E PROTECCIÓN CIVI

Os populares denuncian a carencia de axentes da Policía Local e do Grumir que garanticen e velen pola seguridade dos veciños


O Partido Popular de Redondela únese ás queixas presentadas polos veciños e a sección sindical da CIG na Policía Local e solicitalle ó goberno local que “tome cartas no asunto e ofreza unha solución xa á carencia de axentes policiais e do servicio de emerxencias 24 horas”, expón o concelleiro popular Alberto Pazos.


O cadro de persoal actual deste corpo é insuficiente, polo que garantizar a seguridade nos 52 km cadrados do territorio municipal, con 30.000 habitantes e dous núcleos urbanos, é practicamente imposible. “O índice de delincuencia está a crecer ano a ano sen que se faga nada por atallar o problema”, apunta Pazos, e a situación “non é nada favorecedora para frear este rexistro”.


Neste sentido, o Partido Popular ve preciso dotar á Policía Local dos medios adecuados e convenientes co fin de poder ofrecer un servicio de garantías ós veciños, “unha asistencia e prestación obrigatoria que é deber do concello e que este non está a cumprir”. Dende o PP advertiuse reiteradamente desta situación sen que o concelleiro de Policía Local, Eduardo Reguera, propuxera ningunha solución. Agora improvisa a contratación temporal de catro auxiliares pero segue a ser insuficiente; “improvisar e saír na foto é o que mellor sabe facer Reguera”, asegura Pazos.


Sen servicio de emerxencias as 24 horas

O problema agrávase aínda máis pola situación similar na que se atopa o servicio do Grumir, que permanece dende o pasado mes de marzo sen a atención as 24 horas do día. Só tres persoas cubren as emerxencias de Protección Civil, o que obrigou a suprimir a quenda de noite.


Os populares esperan que non se volva a repetir a situación do pasado ano, cando Redondela quedou sen este servicio permanente de emerxencias durante tres meses. É este un problema que aparece sempre nas mesmas dastas, polo que “se o concelleiro é incapaz de establecer as solucións axeitadas para resolver esta situación, deberá pensar en abandonar as súas responsabilidades e deixar paso á xente nova con máis capacidade”, conclúe Pazos.

AS NOVAS XERACIÓNS DE REDONDELA ACUSAN ÓS SOCIALISTAS DE SER “O GOBERNO DUNS POUCOS” EN FUNCIÓN DOS SEUS INTERESES

Os populares redondeláns lamentan a falla de solucións eficaces para o futuro de tódolos mozos do municipio, agás aqueles que levan un carné socialista no peto


As Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela lamentan as palabras do recentemente nomeado Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia no municipio. Isaac Borja Araujo agradeceu ao Alcalde a súa máis que discutible defensa dos intereses da vila, “facendo fincapé na futura autovía que está a levar por diante varias parroquias, deixando sen a súa actual vivenda a máis dun cento de vecinos”, explica Laura Alonso, presidenta local de Novas Xeracións e concelleira popular.

Dende esta agrupación lamentan, unha vez máis, que o Partido Socialista siga empregando as institucións públicas como “maneira de establecer a súa rede de clientes”, apunta Alonso, “amosando que son un goberno duns poucos e non de todos, como debería ser”, engade.

Os populares consideran escandaloso que o único interese dos socialistas sexa empregar a xuventude de Redondela en beneficio seu, pois “resulta pouco ético que se nomee como responsable da organización xuvenil a un dos agraciados do cobro de diñeiro público por asistir ás procesións en calidade de macero”. Pola contra, pódese comprobar cómo o resto de mozos redondeláns, “aqueles que non gardan un carné socialista no seu peto, son obviados día tras día”, remarca a concelleira popular. Un sector da poboación, este, que se está vendo obrigado a abandonar o seu municipio “por falla de solucións eficaces para o seu futuro”.