sábado, 7 de noviembre de 2009

LOTERÍA DE NADAL SOLIDARIA

Novas Xeracións de Redondela pon á venda, coma tódolos anos, a súa lotería de Nadal co número 01055.

As participacións teñen un prezo de 3 euros, dos cales 0,50 cts irán destiñados á campaña solidaria que están levando a cabo para axudar a Jessica, a nena de Chapela que sufre parálise cerebral, e que será operada próximamente en Alemaña con células nai.

“A recadación íntegra do recargo da lotería destiñarémola este ano a axudar a esta rapaza redondelana, que con 17 anos aínda non sabe o que é falar nin dar un paso polo seu propio pé. E como desexamos de verdade a súa recuperación, decidimos entregarlle o diñeiro que recademos con esta accióná ao seu pai”.

A lotería pódese adquirir a través dos membros de Novas Xeracións, no bar MADIS do Viso, na peluquería Jorge Rubín da rúa Ribeira, ou ben reservala no correo electrónico nnxxredondela@gmail.com .

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/11/07/0003_8090130.htm

jueves, 5 de noviembre de 2009

GALA SOLIDARIA POR JESSICA

Novas Xeracións de Redondela anima a todos e todas a acudir hoxe a partires das 8:30 da tarde ao hotel Los Escudos de Vigo, onde se celebrará a Gala solidaria en favor de Jessica, coa finalidade de recadar o diñeiro restante para que a operación con células nai á que se vai someter, poida ser posible.

Gracias por axudar a que Jessica recupere a fala e a movilidade!

Gracias pola túa solidariedade!

domingo, 1 de noviembre de 2009

NOVAS XERACIÓNS DENUNCIA A APROBACIÓN DUNHA TAXA POLO USO DO LOCAL DE ENSAIO

Novas Xeracións de Redondela denuncia a aprobación dunha taxa polo uso do local de ensaio que a Xunta de Galicia puxo en marcha no noso municipio.

O Goberno local de Redondela aprobou no anterior pleno a imposición dunha taxa pola que pretende recaudar unha cantidade de diñeiro polo uso das instalacións do local de ensaio situado no baixo das antigas casas de mestres, que empregan unicamente os xóvenes redondeláns, ata o de agora de balde.

O Goberno local non só pretendía impoñer esta taxa, senón que tiña en mente subir varios impostos no Concello, afortunadamente déronse conta a tempo de que subir mais impostor aparte dos que o Goberno Central nos subiu a todos xa, é un xeito inxusto nestes intres de afogar económicamente aos cidadás de Redondela. Esiximos polo tanto que se retire de inmediato esta taxa destiñada unicamente a perxudicar as actividades culturais que desenvolven os xóvenes da nosa vila.

Resulta intolerable que unha vez mais os xóvenes sexamos as víctimas dun Goberno incompetente que, por unha banda, impón taxas onde non debería impoñelas, e por outra banda, gasta diñeiro público onde que non debería gastalo, como por exemplo, autobuses para uso partidista do BNG.



http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=321