martes, 22 de diciembre de 2009

CHEGA A REDONDELA A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DE NOVAS XERACIÓNS


Ante a necesidade existente nos bancos de sangue dun maior número de doazóns, Novas Xeracións Provincial puxo en marcha unha campaña para que os seus membros, así coma todos aqueles que así o desexen, acudan a doar sangue neste mes de decembro, baixo o lema: “Neste bus imos todos, ¿Sobes?”.


“A nosa organización é consciente de que nos atopamos ante un problema capital, que tódolas datas sinaladas, coma o Nadal, se repite, e por iso nós queremos contribuir co noso gran de area”.


Ante todo, a xuventude pontevedresa ten que estar implicada naquelas cuestións que sexan de índole social e humanitaria, a Redondela non vai quedar atrás.Un acto tan insignificante para unha persoa como doar sangue, pode ser o salvavidas para outra que precise de nós.



“Noxas Xeracións sempre foi unha asociación preocupada polos temas sociais, e, polo tanto, concienciados de que un pequeño xesto pode salvar una vida, poñemos en marcha esta campaña de doazón de sangue que se materializará no noso municipio o vindeiro día 23 na alameda de Redondela. Animamos a todos aqueles que poidan facelo, a realizar a súa doazón con nosco, e facer do Nadal unha data especial para aqueles que se beneficien dun xesto xeneroso que supón moi pouco esforzo.”


jueves, 3 de diciembre de 2009

NOVAS XERACIÓNS PROVINCIAL PON EN MARCHA A I CAMPAÑA DE DONACIÓN DE SANGUE

Mediante esta campaña pretendemos concienciar á sociedade da necesidade de contribuir a salvar vidas cun acto tan sinxelo e gratuito para nós como doar un pouco da nosa sangue.

As unidades móviles se situarán o día 4 de decembro na Praza da Peregrina (Pontevedra), o día 5 na Praza da Igrexa (Lalín), e o día 12 na rúa Arzobispo Lago (Vilagarcía de Arousa).

¡Agardamos a túa presenza nalgún destes puntos para amosar a túa solidariedade!

martes, 1 de diciembre de 2009

A FISCALÍA IMPUTA A XAIME REI E A EMILIO GONZÁLEZ POR PREVARICACIÓN



http://www.farodevigo.es/galicia/2009/11/30/fiscal-pide-inhabilite-alcalde--redondela-presunta-prevaricacion/390879.html


"La Fiscalía solicita una condena de nueve años de inhabilitación para el desempeño de cargo público para el alcalde socialista de Redondela Xaime Rei por supuestas irregularidades en la contratación de unas obras que fueron ejecutadas en 2007 en varias calles de esta localidad pontevedresa obviando, sostiene el ministerio público, un informe del interventor municipal que advertía de que los gastos aprobados para esos trabajos eran ilegales y nulos de pleno derecho. El fiscal considera al regidor responsable de un presunto delito de prevaricación, que también le imputa al concejal de Urbanismo, Emilio González Iglesias, para el que pide la misma pena"...

O que tiña que ocorrer tarde ou temprano, ocorreu...

Lástima que ao final sexa o pobo de Redondela quen pague polo mal goberno destes dous que se fan chamar "políticos".

sábado, 28 de noviembre de 2009

LOUZÁN CONTA CON REDONDELA NO NOVO COMITÉ EXECUTIVO PROVINCIAL


O Presidente Provincial é reelexido de novo nun Congreso celebrado no Pazo de Congresos de Pontevedra, nun ambiente de total apoio a Rafael Louzán e á súa xestión durante estes anos.

O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e o Presidente Nacional do PP, Mariano Rajoy, ámbolos dous militantes da Provincia de Pontevedra, exerceron o seu dereito a voto, e acto seguido clausuraron o Congreso Provincial destacando a excelente xestión de Louzán ao frente do Partido Popular de Pontevedra e da Deputación de Pontevedra.

A Presidenta de Novas Xeracións de Redondela, Laura Alonso, foi incluida coma vocal no novo Comité Executivo Provincial. Así mesmo, a Concelleira Lorena López permanecerá no mesmo coma membro nato.

sábado, 7 de noviembre de 2009

LOTERÍA DE NADAL SOLIDARIA

Novas Xeracións de Redondela pon á venda, coma tódolos anos, a súa lotería de Nadal co número 01055.

As participacións teñen un prezo de 3 euros, dos cales 0,50 cts irán destiñados á campaña solidaria que están levando a cabo para axudar a Jessica, a nena de Chapela que sufre parálise cerebral, e que será operada próximamente en Alemaña con células nai.

“A recadación íntegra do recargo da lotería destiñarémola este ano a axudar a esta rapaza redondelana, que con 17 anos aínda non sabe o que é falar nin dar un paso polo seu propio pé. E como desexamos de verdade a súa recuperación, decidimos entregarlle o diñeiro que recademos con esta accióná ao seu pai”.

A lotería pódese adquirir a través dos membros de Novas Xeracións, no bar MADIS do Viso, na peluquería Jorge Rubín da rúa Ribeira, ou ben reservala no correo electrónico nnxxredondela@gmail.com .

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/11/07/0003_8090130.htm

jueves, 5 de noviembre de 2009

GALA SOLIDARIA POR JESSICA

Novas Xeracións de Redondela anima a todos e todas a acudir hoxe a partires das 8:30 da tarde ao hotel Los Escudos de Vigo, onde se celebrará a Gala solidaria en favor de Jessica, coa finalidade de recadar o diñeiro restante para que a operación con células nai á que se vai someter, poida ser posible.

Gracias por axudar a que Jessica recupere a fala e a movilidade!

Gracias pola túa solidariedade!

domingo, 1 de noviembre de 2009

NOVAS XERACIÓNS DENUNCIA A APROBACIÓN DUNHA TAXA POLO USO DO LOCAL DE ENSAIO

Novas Xeracións de Redondela denuncia a aprobación dunha taxa polo uso do local de ensaio que a Xunta de Galicia puxo en marcha no noso municipio.

O Goberno local de Redondela aprobou no anterior pleno a imposición dunha taxa pola que pretende recaudar unha cantidade de diñeiro polo uso das instalacións do local de ensaio situado no baixo das antigas casas de mestres, que empregan unicamente os xóvenes redondeláns, ata o de agora de balde.

O Goberno local non só pretendía impoñer esta taxa, senón que tiña en mente subir varios impostos no Concello, afortunadamente déronse conta a tempo de que subir mais impostor aparte dos que o Goberno Central nos subiu a todos xa, é un xeito inxusto nestes intres de afogar económicamente aos cidadás de Redondela. Esiximos polo tanto que se retire de inmediato esta taxa destiñada unicamente a perxudicar as actividades culturais que desenvolven os xóvenes da nosa vila.

Resulta intolerable que unha vez mais os xóvenes sexamos as víctimas dun Goberno incompetente que, por unha banda, impón taxas onde non debería impoñelas, e por outra banda, gasta diñeiro público onde que non debería gastalo, como por exemplo, autobuses para uso partidista do BNG.



http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=321

viernes, 2 de octubre de 2009

NOVAS XERACIÓNS ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE MARXINAR Á XUVENTUDE REDONDELANA

Novas Xeracións de Redondela lamenta a actitude inxustificada do Concello de "deixar escapar o Programa Actívate da Deputación provincial cunha variada oferta de cursos formativos"

O grupo de Novas Xeracións de Redondela denuncia a perda de cursos gratuítos para os mozos do municipio propostos pola Deputación de Pontevedra. O Concello, segundo explica a edil popular, Laura Alonso "alega que rexeitou a adhesión ao programa Actívate porque a cantidade de cursos que o compoñía era pouco, cousa totalmente incerta xa que o programa daba a posibilidade de solicitar ata un total de 18 cursos diferentes, dende idiomas ata informática, fotografía ou prevención de riscos laborais, entre outros moitos".

Dende Novas Xeracións denúnciase a "deixadez" do goberno local en materia de xuventude, "que lle nega aos mozos e mozas de Redondela as posibilidades formativas e de ocio das que si gozan noutros municipios".Segundo Alonso é intolerable que a mocidade redondelá estea marxinada nestes temas por un capricho persoal do goberno local, simplemente porque non lles convén politicamente subscribirse a nada que propón o ente provincial.


http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=247

.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

FRANCISCA CANAL ACUSA AL GOBIERNO LOCAL DE ESTAR DETRÁS DE LA POLÉMICA DE LA CORAL ALVEDOSA

Francisca Canal, directora do Centro Socio-Comunitario de Redondela e presidenta do grupo municipal do Partido Popular, acusa ao goberno local de "estar detrás da polémica creada pola Asociación Coral Alvedosa". A proba máis evidente foi a de hoxe, cando o concello convoca unha comisión informativa extraordinaria urxente cun único asunto, a petición da Asociación Coral Alvedosa en relación a un local de ensaio no Centro Socio-Comunitario de Redondela. “Con esta acción queda máis que patente que todo estaba manexado dende o Concello en convivencia co director da coral, Jesús Martínez Álvarez”, subliña Canal. “Caeron na súa propia trampa, estiveron manipulando todos os fíos e agora saíron á luz polo seu propio pé”, engade.

O tema politizouse dende o goberno local, que se meteu en asuntos que non son da súa competencia. “Como ten a osadía de implicarse nesta cuestión cando nunca fixo nada polos maiores do municipio? Porque promesas si que realizou, e moitas, pero todo foi un fraude electoral, xa que a residencia da terceira idade e centro de día programado para Cesantes segue sendo fume e non unha realidade, como debería selo cando o anunciou no súa campaña electoral”, explica Canal. Neste senso, é a destacar as melloras conseguidas pola directora do centro no equipamento do propio edificio, sen supoñer ningún tipo de promesa electoral, “actuando só polo ben dos maiores de Redondela”. O concello nunca aportou nada para o benestar e ocio deste grupo de poboación, mentres que o Centro Socio-Comunitario alberga unhas 500 persoas ao mes que participan nas diferentes actividades organizadas pola dirección, mellorando día a día as súas instalacións co último fin de acadar a satisfacción máxima dos seus usuarios, entre os cales, “por certo, non se atopan a maioría dos 20 integrantes da coral”.

Con todo, Francisca Canal lembra que esta polémica creouna a propia coral, pois dende un primeiro momento ofertóuselle outro local sen poñerlle ningún tipo de impedimento e, sen motivo aparente, amosaron unha reacción inxustificada. Canal non entende o comportamento do director da coral, que tamén o é da Banda de Música Municipal, agrupación coa cal Francisca, como deputada provincial, colaborou reiteradamente na adxudicación de diferentes axudas. Non obstante, o vindeiro luns emprazóuselles a unha reunión para liquidar o problema, un novo intento por parte do Centro Social-Comunitario que máis facilidades xa non pode dar.

domingo, 27 de septiembre de 2009

NOVAS XERACIÓNS DE REDONDELA INICIA UNHA CAMPAÑA SOLIDARIA PARA AXUDAR A JESSICA

A agrupación xuvenil do PP de Redondela iniciou onte na Romaría Popular do PP de Galicia, unha campaña solidaria para recaudar fondos para Jessica, unha nena redondelana residente na parroquia de Chapela, que padece unha parálisis cerebral de nacemento.

O grupo musical ferrolano Los Limones foron os primeiros en estrear os petos empregados para tal fin, e os seguiron practicamente tódolos cargos políticos que acudiron á cita, incluido o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e un importante número de militantes e simpatizantes do Partido Popular que se desprazaron ata Silleda, aos que agradecemos moito a solidaridade e a colaboración mostrada en todo momento.


Se ti tamén queres colaborar só tes que depositar o teu EURO SOLIDARIO nos petos que se atopan en distintos puntos do noso municipio, ou ben ingresar o teu donativo no Nº de conta de CAIXANOVA: 2080 0030 93 0000143840.

Con isto lograremos que Jessica, que tan só ten 17 anos, poida someterse a unha operación con células nai que lle permitirá recupera-la movilidade e a fala.

COLABORA CON ELA, PODÉMOLO CONSEGUIR!!!!

http://www.vigosolidario.es/

miércoles, 16 de septiembre de 2009

jueves, 10 de septiembre de 2009

Os Populares amósanse preocupados polo progresivo deterioro da situación do tráfico en redondela, provocado polas obras de humanización do Plan E, e piden solucións concretas.


O Partido Popular de Redondela esixiaralle novamente ao concelleiro de Tráfico, Eduardo Reguera, que explique, no pleno que se celebrará este mércores 9 de setembro, as medidas que o seu departamento ten previsto adoptar ata finalización das obras no casco urbano, co fin de solucionar os graves problemas de tráfico e aparcamento que está a sufrir a vila.

Despois de advertir reiteradamente ao goberno local da necesidade de adoptar medidas para minimizar as molestias que ían causar estas tarefas no casco urbano, ao Grupo Popular "preocúpanos comprobar como se fixo caso omiso das nosas peticións, sumindo a Redondela nun caos circulatorio sen precedentes e causando graves dificultades ao comerciante local", sinala o concelleiro popular Alberto Pazos.

"Ata o momento Reguera limitouse a afirmar que o tráfico en Redondela funciona correctamente, acusando ao Partido Popular de invertarse problemas que non existen. Agora abrangue unha segunda fase na que se limita a pedir paciencia", explica Pazos. Neste senso, os populares pedirán a Reguera que expoña solucións concretas aos problemas de circulación, sinalización e aparcamento que sufre a vila.

"Ante o grave prexuízo que se lle está a crear a tódolos redondeláns, e comerciantes en particular, esixiremos solucións ou dimisións. Xa pasou o tempo de improvisar arranxos esperpénticos, como desviar o tráfico entre dúas arbores da rúa Ernestina Otero. Se esas son as propostas de Reguera, debe presentar a sua dimisión de inmediato", declara Pazos.

O Partido Popular non pode entender que nun pleno se afirme que empresarios respaldan as medidas do goberno, cando días despois os seus representantes quéixanse na prensa do incumprimento reiterado das promesas que se lles fixeron. "É triste que Reguera se escude na mentira para tapar a súa incompetencia. Non podemos admitilo e obreremos en consecuencia" advirte o edil do PP local.

lunes, 31 de agosto de 2009

O PP DE REDONDELA ACUSA AO GOBERNO LOCAL DO GRAVE PROBLEMA SANITARIO QUE ESTÁ A PADECER A VILA POR MOR DA DEPURADORA

· Os populares denuncian ao bigoberno dunha lamentable xestión priorizando outras obras secundarias, descoñecendo os problemas e as necesidades reais do municipio e dos veciños

· Na zona das Marismas os cheiros son insoportables

Cuadro de texto: REDONDELAO Partido Popular de Redondela esíxelle responsabilidades ao goberno local respecto do mal estado e funcionamento da depuradora da zona das Marismas. Un problema que xa veñen denunciando os populares en diferentes ocasións e que está a xerar múltiples queixas e protestas por parte dos veciños afectados, “o estado é lamentable e os cheiros son insoportables, máis na época de verán na que nos atopamos”, asegura Francisca Canal, presidenta do PP local.

“O Concello vendeu por todo o alto un proxecto de recuperación das Marismas, cando a día de hoxe aínda non se comezou e, sobre todo, cando a prioridade agora son outras”, explica Canal. Estamos ante un problema sanitario moi grave, á beira dunha zona de colexios e próxima ao casco urbano, “e este bigoberno só sabe ordenar obras secundarias, un exemplo máis da nefasta xestión dos dirixentes deste Concello que deixan en evidencia a falla de iniciativa e programación”.

Ante esta situación, o goberno local amosa que non coñece os problemas reais do municipio nin as inquedanzas dos veciños que sofren as consecuencias dunha mala e lamentable actuación.

sábado, 15 de agosto de 2009

O COMERCIO DE REDONDELA QUÉIXASE NA TVG

Este é o sentir dos comerciantes de Redondela polo mal facer do Concello en relación ás obras de humanización, mediante as cales non só deixan aos consumidores sen aparcamento, senón tamén aos comerciantes sen clientes.

A ver se así axudamos ao señor Reguera a darse conta de que as obras están causando mais que "pequenas molestias", como as califica él.

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=8346&corte=2009-08-14&hora=14:03:15&canle=tvg1

lunes, 27 de julio de 2009

O PP DE REDONDELA ESÍXELLE A REGUERA QUE EXPLIQUE AS MEDIDAS PARA SOLUCIONAR O CAOS PROVOCADO POLAS OBRAS DO PLAN E

· Os populares solicitan a comparecencia do concelleiro de Tráfico no pleno do vindeiro mércores

· Aínda existindo antecedentes, o bigoberno redondelán fixo caso omiso das protestas e peticións “sumindo a vila nun caos circulatorio e causando graves dificultades ao comercio local”

Cuadro de texto: REDONDELAO Partido Popular de Redondela esixiralle ao concelleiro de Tráfico, Eduardo Reguera, que explique, no pleno que se celebrará este mércores 29 de xullo, as medidas que o goberno bipartito ten previsto poñer en marcha para solucionar os graves problemas de tráfico e aparcamento que está a sufrir a vila por mor das obras de humanización do Plan E.

Despois de advertir reiteradamente ao goberno local da necesidade de adoptar medidas para minimizar as molestias que ían causar estas tarefas no casco urbano, ao Grupo Popular “preocúpanos comprobar como se fixo caso omiso das nosas peticións, sumindo a Redondela nun caos circulatorio sen precedentes e causando graves dificultades ao comercio local”.

O máis grave da situación é a existencia dun antecedente fai menos de dous anos, “cando se humanizou parte do centro da vila e se arranxou a praza de Ribadavia; agora, aínda coñecendo a problemática que xerou toda a obra non se tomou ningunha medida para que non se repetise a situación”.

“Fai dous meses Reguera dicía que en Redondela soamente protestaba o Partido Popular, pero supoñemos que agora os bocinazos e as protestas dos comerciantes tamén se escoitan no Concello; esperamos que as súas queixas teñan mellor acollida que as nosas protestas”.

miércoles, 22 de julio de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA SOLICITA A MODIFICACIÓN DO PROXECTO DA ROTONDA DE RANDE

• Os populares presentarán unha moción no vindeiro pleno co fin de garantir a seguridade viaria na zona
• Instan ao goberno municipal a que cumpran coa súa promesa de colaborar neste problema que afecta a centos de veciños
O Partido Popular de Redondela presentará unha moción na vindeira sesión plenaria municipal co fin de solicitar ao Ministerio de Fomento a modificación do proxecto da toronda que se executa actualmente en Rande.

A iniciativa tómase a instancias dos veciños de Cabanas, que transmitiron a súa decepción ao comprobar que a obra non cumprirá cos obxectivos previstos. “No seu momento díxoselles que se lles garantiría un acceso seguro á N-552 e agora incúmprese a palabra dada”.

A polémica afecta ao Camiño das Pedriñas polo que máis dun cento de familias acceden ás súas vivendas. A falla de conexión deste viario coa rotonda obrígaos a realizar unha perigosa manobra de xiro, que era precisamente o que se pretendía evitar coa execución da obra. Non obstante, esta falla de conexión non se coñeceu ata que comezaron as tarefas, pois en ningún momento existiu exposición pública do proxecto ao considerarse inncesaria debido a que obra era evidente e precisa para garantir a seguridade viaria. “Creemos que unha pequena modificación do proxecto podería liquidar este problema e garantir a seguridade viaria na zona, na que se producen graves accidentes dende fai anos”.

A rotonda proxectouse despois de numerosas manifestacións veciñais pedindo unha solución á inseguridade viaria que sofre todo o barrio, prometéndolles tamén a regulación da circulación a través dun semáforo.
O Partido Popular espera acadar o consenso necesario para levar adiante a súa proposta, pois considera que as promesas están para cumprirse e “o goberno municipal non pode nin debe esquecer a súa promesa de colaborar na solución deste problema que xa provocou varias mortes”.

martes, 23 de junio de 2009

NOVAS XERACIÓNS CONDENA O ATENTADO DE ETA

Novas Xeracións de Pontevedra condena enerxicamente a nova atrocidade que a secta asasina ETA cometeu no País Vasco co asasinato de Eduardo Puelles.

A nosa organización defendeu e defenderá sempre a liberdade e a palabra como únicas armas de loita e reivindicación, e con este berro de condena, repudiamos unha vez mais a actuación dos fanáticos que, escudándose en dereitos da tierra, pretenden botar unha soga no pescozo das nosas liberdades e do Estado de Dereito.

Por iso, nesta ocasión volvemos unir as nosas voces contra o terrorismo sen sentido dos fanáticos etarras.

¡¡ETA NON!!

jueves, 28 de mayo de 2009

O ALCALDE RECOÑECE QUE FAVORECE AOS MEMBROS DO PARTIDO SOCIALISTA NO COBRO DE DIÑEIRO PÚBLICO

O Partido Popular de Redondela denuncia o trato preferente por parte do Alcalde a membros do Partido Socialista, “que reciben pagos de ata 150 euros de diñeiro público por desempeñar traballos para os que son designados a dedo”, sinala a concelleira e presidenta de Novas Xeracións Laura Alonso. Un criterio de selección recoñecido polo propio Xaime Rei na sesión plenaria celebrada este mércores, na cal os populares formularon unha pregunta sobre o cobro dun total de 900 euros cos que foron agraciados os dous maceiros que acompañaron ao Alcalde nas procesións de Semana Santa e do Cristo dos Navegantes. Ámbolos dous maceiros, membros recentemente nomeados das Xuventudes Socialistas de Redondela, percibiron a cantidade de 150 euros por procesión, “o cal quere dicir que entre os dous embolsáronse a cantidade de 900 euros pagados cos impostos de tódolos redondeláns”, apunta Alonso.


O Partido Popular xa denunciara anteriormete este favoritismo e partidismo no Concello, que foi ratificado por Xaime Rei, quen ao ser preguntado polos criterios cos que se seleccionaban aos maceiros, dixo literalmente “o criterio é o dedo do Alcalde”. “Consideramos esta resposta”, asegura Alonso, “non só unha falla de respeto cara ás institucións públicas e un signo da prepotencia co que habitualmente trata aos veciños, senón tamén unha burla aos contribuíntes, que se reviste de gravidade ao tratarse de beneficiarios do seu propio partido”.


Por tal motivo, o PP local esixelle ó goberno do Concello de Redondela que “rectifique no seu proceder indigno e inmoral e estableza uns criterios determinados de selección para ocupar ditos postos de maceiros en vindeiras procesións, evitando así o despilfarro partidista ao que se ven sometendo ás arcas públicas”, conclúe a concelleira.



http://www.vigometropolitano.com/news/170/ARTICLE/16671/2009-05-28.html


miércoles, 29 de abril de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA INSTA A QUE SE CONVOQUE O CONSELLO MUNICIPAL DE XUVENTUDE

Os populares esixen ó goberno local esta necesidade de “darlle voz” á mocidade do municipio

Tomando o grao de participación cidadá como un síntoma de transparencia democrática e sendo especialmente importante a necesidade de implicación e participación directa da xuventude nas políticas dirixidas a esta que se fagan dende o Concello, o Partido Popular de Redondela esixe ó goberno local “que se tome un acordo para que se convoque o Consello Municipal da Xuventude”, sinala a concelleira Laura Alonso. “Sendo Redondela o cuarto municipio da provincia en densidade de poboación, é lóxico que conte cun activismo no referente ao movemento asociacionista”.


En Redondela existe un número importante de asociacións de diversa índole: xuvenís, deportivas, culturais, ecolóxicas... “que precisan dun foro ó que poder levar as súas inquedanzas, preocupacións, propostas e onde poidan ter voz”, explica Alonso. O feito de que a mocidade poida participar adquire unha relevancia aínda maior “cando atreavesamos unha época, como a actual, chea de dificultades na que está a ser un dos sectores máis castigados”, apunta a concelleira popular.


Presentación dunha moción ao Concello

Por todas estas razóns expostas, o PP local proporá no vindeiro pleno, o mércores 29 de abril, unha moción ao Alcalde/Presidente do Concello de Redondela co obxectivo de que se tome un acordo de goberno para que, a lo menos unha vez cada tres meses, se convoque o Consello Municipal da Xuventude cunha composición igual á que xa ten, isto é: un representante da Administración Autonómica; un representante de cada grupo político, formen ou non parte da corporación; un representante de cada asociación xuvenil ou asociacións que contemplen a mocidade como parte integrante da mesa e, finalmente, un representante de cada sindicato.



lunes, 20 de abril de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA ESÍXELLE RESPONSABILIDADES E UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA Ó GOBERNO LOCAL ANTE A FALLA DE MEDIOS POLICIAIS E PROTECCIÓN CIVI

Os populares denuncian a carencia de axentes da Policía Local e do Grumir que garanticen e velen pola seguridade dos veciños


O Partido Popular de Redondela únese ás queixas presentadas polos veciños e a sección sindical da CIG na Policía Local e solicitalle ó goberno local que “tome cartas no asunto e ofreza unha solución xa á carencia de axentes policiais e do servicio de emerxencias 24 horas”, expón o concelleiro popular Alberto Pazos.


O cadro de persoal actual deste corpo é insuficiente, polo que garantizar a seguridade nos 52 km cadrados do territorio municipal, con 30.000 habitantes e dous núcleos urbanos, é practicamente imposible. “O índice de delincuencia está a crecer ano a ano sen que se faga nada por atallar o problema”, apunta Pazos, e a situación “non é nada favorecedora para frear este rexistro”.


Neste sentido, o Partido Popular ve preciso dotar á Policía Local dos medios adecuados e convenientes co fin de poder ofrecer un servicio de garantías ós veciños, “unha asistencia e prestación obrigatoria que é deber do concello e que este non está a cumprir”. Dende o PP advertiuse reiteradamente desta situación sen que o concelleiro de Policía Local, Eduardo Reguera, propuxera ningunha solución. Agora improvisa a contratación temporal de catro auxiliares pero segue a ser insuficiente; “improvisar e saír na foto é o que mellor sabe facer Reguera”, asegura Pazos.


Sen servicio de emerxencias as 24 horas

O problema agrávase aínda máis pola situación similar na que se atopa o servicio do Grumir, que permanece dende o pasado mes de marzo sen a atención as 24 horas do día. Só tres persoas cubren as emerxencias de Protección Civil, o que obrigou a suprimir a quenda de noite.


Os populares esperan que non se volva a repetir a situación do pasado ano, cando Redondela quedou sen este servicio permanente de emerxencias durante tres meses. É este un problema que aparece sempre nas mesmas dastas, polo que “se o concelleiro é incapaz de establecer as solucións axeitadas para resolver esta situación, deberá pensar en abandonar as súas responsabilidades e deixar paso á xente nova con máis capacidade”, conclúe Pazos.

AS NOVAS XERACIÓNS DE REDONDELA ACUSAN ÓS SOCIALISTAS DE SER “O GOBERNO DUNS POUCOS” EN FUNCIÓN DOS SEUS INTERESES

Os populares redondeláns lamentan a falla de solucións eficaces para o futuro de tódolos mozos do municipio, agás aqueles que levan un carné socialista no peto


As Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela lamentan as palabras do recentemente nomeado Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia no municipio. Isaac Borja Araujo agradeceu ao Alcalde a súa máis que discutible defensa dos intereses da vila, “facendo fincapé na futura autovía que está a levar por diante varias parroquias, deixando sen a súa actual vivenda a máis dun cento de vecinos”, explica Laura Alonso, presidenta local de Novas Xeracións e concelleira popular.

Dende esta agrupación lamentan, unha vez máis, que o Partido Socialista siga empregando as institucións públicas como “maneira de establecer a súa rede de clientes”, apunta Alonso, “amosando que son un goberno duns poucos e non de todos, como debería ser”, engade.

Os populares consideran escandaloso que o único interese dos socialistas sexa empregar a xuventude de Redondela en beneficio seu, pois “resulta pouco ético que se nomee como responsable da organización xuvenil a un dos agraciados do cobro de diñeiro público por asistir ás procesións en calidade de macero”. Pola contra, pódese comprobar cómo o resto de mozos redondeláns, “aqueles que non gardan un carné socialista no seu peto, son obviados día tras día”, remarca a concelleira popular. Un sector da poboación, este, que se está vendo obrigado a abandonar o seu municipio “por falla de solucións eficaces para o seu futuro”.

domingo, 5 de abril de 2009

XAIME REY OCULTA UN INFORME QUE CUALIFICA DE ILEGAIS AS OBRAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN RANDE

Os populares denuncian a falta de seriedade do Concello no financiamento das obras e estudan a posibilidade de emprender accións legais pola convocatoria irregular do último pleno.

O Partido Popular de Redondela denuncia, unha vez máis, a irresponsabilidade manifestada polo goberno local, referida neste caso á convocatoria "irregular e sen motivo aparente" do Pleno Municipal Extraordinario, para o xoves 2 de abril ás 9:00 horas, cun único punto urxente a tratar: as obras de abastecemento de auga dos barrios de Cabanas, Cotarel e A Formiga, un debate que ademais trouxo consigo o descubrimento da ocultación de informes, por parte do alcalde Xaime Rey, que amosan a ilegalidade dos labores levados a cabo no Cotarel (Rande).

A xustificación da celebración urxente do pleno baseouse na importancia de dita obra respecto a un retardo, novamente, nos prazos da tramitacións. Non obstante, dende o PP aseguran que o último documento aportado do expediente en cuestión data do 19 de decembro de 2008, sen que se informase entón de ningunha xestión que xustificase o retardo na súa tramitación.

Financiamento das obras

O problema agora radica no financiamento de dias obras. Trátase dun proxecto que ascende a máis dun millón de euros, no que o concello se comprometeu a contribuir nun 15%, como ben se indica no escrito que solicitou Augas de Galicia, empresa encargada da obra, o pasado mes de outubro.

A denuncia dende o Partido Polpular xérase no momento en que o concello pretende que Augas de Galicia financie o 100% do orzamento. Un acordo que se aproba, "precisa e casualmente, o mesmo día en que se constitúe o novo parlamento autonómico", apunta Francisca Canal voceira do PP local. "Non estando en condición de aportar o solicitado por Augas de Galicia, como se expón no informe de interventora, pretenden agora que o novo executivo galego asuma un gasto que non se atreveron a pedirlle ao antigo amigo", sinala Canal.

Ilegalidade oculta
Pero a sorpresa do pleno chegou máis tarde cando o nacionalista Carlos Pazos, concelleiro de Medio Ambiente, descubriu, despois de máis dun mes, a existencia dun informe solicitado polo Grupo Popular, que permanecía oculto dende a súa redacción, o 5 de marzo.

Despois de entregárlle-lo informe en cuestión, o PP puido comprobar "que o contido do mesmo informa sobre a ilegalidade das obras de canalización de auga executadas en Cotarel (Rande)", asegura o concelleiro Popular Alberto Pazos. Neste senso, o alcalde, Xaime Rey, non tivo máis opción que asumir a responsabilidade da ocultación do informe que determina literalmente que as obras non se atopan legalmente amparadas e debe requirirse á concesionaria para a súa paralización.

miércoles, 25 de marzo de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA ESIXE Ó GOBERNO LOCAL A EXISTENCIA DUN SERVIZO ANTI-INCENDIOS NO MUNICIPIO


Os populares lamentan os danos causados pola queima provocada e sen control de varios contedores do lixo

O Partido Popular redondelán manifesta a súa preocupación polo feitos ocorridos a semana pasada nas parroquias de Chapela e Redondela, onde se produciron respectivos incendios provocados de varios contedores do lixo, que se prolongaron durante aproximadamente 30 minutos.

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/26/0003_7614812.htm?idioma=galego

A ausencia de Protección Civil e do Grumir neses días agravou aínda máis a situación, orixinando danos nas inmediacións do lugar do incidente; “suceso que se podería evitar de existir uns servizos de bombeiros ou anti-incedios no Concello”, sinala a concelleira popular Laura Alonso.

Amosando o seu malestar pola carencia dun servizo como pode ser un camión de bombeiros que estea dispoñible en calquera situación de emerxencia, dende o PP esixen ó goberno local que “solvente de inmediato esta carencia no municipio redondelán, pois un concello de 30.000 habitantes non debería depender doutras localidades contiguas para solucionar estas urxencias de lumes”. Unha dependencia que está a provocar que cuestións que nun principio suporían danos leves, “se convertan en catástrofes, cunha reparación moito máis custosa para o cidadán de a pé”, polo que reclaman, unha vez máis, que “o concello tome boa nota do asunto e presente unha solución xa”, sinala Alonso.


http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009032500_3_309679__Comarcas-reclama-servicio-contra-incendios-Redondela

http://www.vigometropolitano.com/news/170/ARTICLE/15083/2009-03-24.html

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/25/0003_7612383.htm?idioma=galego

.

viernes, 13 de marzo de 2009

FRANCISCA CANAL LAMENTÓ LA DECISIÓN DE FOMENTO DE APROBAR EL ENLACE A PEINADOR

En su opinión es una decisión “precipitada” del ministerio porque llega justo antes del cambio de gobierno en la Xunta. “Aunque es un proyecto que depende directamente del Gobierno central, deberían dar la opción a los nuevos responsables de la Xunta a expresar su opinión sobre este vial.
Los populares defienden la “alternativa 11”, un ramal de conexión con Peinador que partiría a la altura de Pazos de Borbén, “lo que causaría un menor impacto ambiental en Redondela y supondría un considerable ahorro presupuestario”, concluye la portavoz del PP.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031300_3_305576__Comarcas-ramal-arranca-polemica

martes, 10 de marzo de 2009

NUNCA TE OLVIDAREMOS, AMIGO ÁNGEL

Ángel, siempre recordaremos tu valentía, tu dedicación al Partido Popular y a Nuevas Generaciones, tu entrega al trabajo y tu fidelidad a tus principios.

Contigo se va un incansable luchador, un compañero, un leal defensor de los valores de los que todos nosotros nos hacemos cargo.

Estarás siempre presente en nuestra memoria. Cuando no hay palabras, sólo queda el silencio.

Descansa en paz.

lunes, 2 de marzo de 2009

O PP OBTÉN 39 DEPUTADOS, GRACIAS GALICIA!!!!!!!

Alberto Núñez Feijoo xa é Presidente da Xunta de Galicia ao acadar un escano por riba da maioría absoluta.

39 foi o número máxico para o PPdeG esta noite chea de euforia, felicidade e cansancio acumulado.


O castigo dos galegos á mala xestión do Bipartito foi espectacular no noso Municipio, onde o PP superou con creces ao PSOE en número de votos, cunha baixada do último e mais do seu socio de goberno moi acusada.

Por iso, non temos mais que dar as gracias!

Gracias aos votantes que depositastes a vosa confianza no Partido Popular.

Gracias aos simpatizantes e militantes que apoiastes os actos organizados polo noso partido e que traballastes a reo na campaña.

Gracias aos interventores e apoderados que velastes polo desenvolvemento dunha xornada electoral transparente.

Gracias a Novas Xeracións por todo o duro traballo desenvolvido nestas dúas semanas.

Gracias a Redondela por confiar no PP como forza mais votada con tanta diferencia.

Gracias a Galicia por encomendar ao Partido Popular esta misión que comeza hoxe mesmo...

¡¡¡¡¡GRACIAS A TODOS, NON DEFRAUDAREMOS!!!!!

¡¡¡¡AGORA SI, CHEGOU O MOMENTO!!!!

sábado, 28 de febrero de 2009

NOVAS XERACIONS DESPIDE A CAMPAÑA CON MELOCOS


Novas Xeacións de Pontevedra despediu este venres en Baiona unha intensa campaña electoral no pub Villa Rosa, cun concerto de Melocos, como broche final dun spring cara a Xunta de Galicia.

Nun ambiente totalmente festivo, os xóvenes da provincia déronse cita no Municipio de Baiona, acompañados polo Presidente Provincial, Rafael Louzán, e polo Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.

Deste xeito, Novas Xeracións Provincial de Pontevedra agradeceu a implicación absoluta de tódolos seus militantes e simpatizantes, poñendo o punto final a dúas semanas de máximo traballo e esforzo.

GRACIAS A TODOS!!!!

miércoles, 25 de febrero de 2009

XUVENTUDES SOCIALISTAS FAI XOGO SUCIO

As xuventudes socialistas de Redondela adícanse a tapar estes días os carteis electorais que, tanto o PP de Redondela como as Novas Xeracións de Redondela colocaron nas paredes do casco urbán días atrás.

Sen ningún tipo de pudor nin ética política, os socialistas non reparan en facer xogo sucio con tal de poder insultar aos contrarios a gusto.

Durante a visita de Mariano Rajoy a Redondela, os poucos que forman esta organización xuvenil socialista, soltaron improperios durante o transcurso do acto dun xeito ordinario e soez, e seguidamente, arroxaron preservativos coa pegatina das XSG ás persoas que acompañaron ao Presidente do Partido Popular.

Nós condenamos esta forma de actuar daqueles que se enchen a boca coa democracia e logo actúan dictatorialmente, a modo de organización impositora, e que usa o insulto como argumento.

Por cada insulto, unha proposta, por cada descalificación, unha medida para solventar os problemas da xuventude galega.

¡¡Recuperemos a liberdade, o 1 de marzo está nas túas mans!! VOTA PP

MARIANO RAJOY CONQUISTA REDONDELA


O Presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, visitou Redondela na xornada de onte, onde pediu un endurecemento das penas para os casos de crímenes a menores, facendo alusión ao caso Mari Luz e ao recente caso de Marta del Castillo; e animou aos galegos e galegas a apoiar a candidatura de Alberto Núñez Feijoo á Xunta de Galicia, para recuperar o tempo perdido.

Rajoy compartiu escenario coa Presidenta Local do PP de Redondela, Paqui Canal, coa Candidata ao Parlamento de Galicia, Lorena López e polo Presidente Provincial do PP, Rafael Louzán.


http://www.rtve.es/noticias/20090224/rajoy-pide-endurecimiento-las-penas-casos-crimenes-contra-menores/236668.shtml

http://www.elmundo.es/elmundo/2009/02/24/espana/1235482102.html

lunes, 23 de febrero de 2009

NOVAS XERACIÓNS DE REDONDELA PARTICIPA NA CAMPAÑA PROVINCIAL "FAI O AMOR E NON O BIPARTITO"


NNXX de Redondela adhírese á campaña posta en marcha dende a Xunta Provincial de NNXX de Pontevedra "Porque hai formas mellores de coaligarse... fai o amor e non o Bipartito".

Trátase dunha campaña que pretende unha chamada de atención sobre o ninguneo ó que a xuventude foi sometida durante 4 anos de coalición PSdeG-BNG.

Durante a xornada de mañá, martes de entroido, realizarase o reparto de preservativos que aconsellan previrse contra un novo Bipartito en Galicia.

REDONDELA ABARROTA O CONVENTO DE VILAVELLA NA COMIDA MÍTIN DO PARTIDO POPULAR

O Partido Popular de Redondela celebrou onte unha comida-mítin no Convento de Vilavella, á que asistiron case 400 simpatizantes e militantes do PP.

Nun ambiente de victoria, Vilavella compartiu prato con destacados cargos do Partido: José Juan Durán, Chema Figueroa, Ignacio López-Chaves, Alfonso Rueda, MªDolores de Cospedal e Alberto Núñez Feijoo.

Despois do xantar, a Presidenta do PP de Redondela, Paqui Canal, dirixiu unhas palabras ao auditorio, seguida da candidata por Redondela, Lorena López, da Secretaria Xeral do PP e o broche final o puxo o noso candidato e próximo Presidente da Xunta de Galicia, Feij009.

Unha vez mais, Redondela demostrou que é maioritariamente popular, que ten ilusión e gañas de que o 1 de marzo cambie a cor política de Galicia.


Chegou o momento!