miércoles, 22 de julio de 2009

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA SOLICITA A MODIFICACIÓN DO PROXECTO DA ROTONDA DE RANDE

• Os populares presentarán unha moción no vindeiro pleno co fin de garantir a seguridade viaria na zona
• Instan ao goberno municipal a que cumpran coa súa promesa de colaborar neste problema que afecta a centos de veciños
O Partido Popular de Redondela presentará unha moción na vindeira sesión plenaria municipal co fin de solicitar ao Ministerio de Fomento a modificación do proxecto da toronda que se executa actualmente en Rande.

A iniciativa tómase a instancias dos veciños de Cabanas, que transmitiron a súa decepción ao comprobar que a obra non cumprirá cos obxectivos previstos. “No seu momento díxoselles que se lles garantiría un acceso seguro á N-552 e agora incúmprese a palabra dada”.

A polémica afecta ao Camiño das Pedriñas polo que máis dun cento de familias acceden ás súas vivendas. A falla de conexión deste viario coa rotonda obrígaos a realizar unha perigosa manobra de xiro, que era precisamente o que se pretendía evitar coa execución da obra. Non obstante, esta falla de conexión non se coñeceu ata que comezaron as tarefas, pois en ningún momento existiu exposición pública do proxecto ao considerarse inncesaria debido a que obra era evidente e precisa para garantir a seguridade viaria. “Creemos que unha pequena modificación do proxecto podería liquidar este problema e garantir a seguridade viaria na zona, na que se producen graves accidentes dende fai anos”.

A rotonda proxectouse despois de numerosas manifestacións veciñais pedindo unha solución á inseguridade viaria que sofre todo o barrio, prometéndolles tamén a regulación da circulación a través dun semáforo.
O Partido Popular espera acadar o consenso necesario para levar adiante a súa proposta, pois considera que as promesas están para cumprirse e “o goberno municipal non pode nin debe esquecer a súa promesa de colaborar na solución deste problema que xa provocou varias mortes”.