martes, 22 de diciembre de 2009

CHEGA A REDONDELA A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DE NOVAS XERACIÓNS


Ante a necesidade existente nos bancos de sangue dun maior número de doazóns, Novas Xeracións Provincial puxo en marcha unha campaña para que os seus membros, así coma todos aqueles que así o desexen, acudan a doar sangue neste mes de decembro, baixo o lema: “Neste bus imos todos, ¿Sobes?”.


“A nosa organización é consciente de que nos atopamos ante un problema capital, que tódolas datas sinaladas, coma o Nadal, se repite, e por iso nós queremos contribuir co noso gran de area”.


Ante todo, a xuventude pontevedresa ten que estar implicada naquelas cuestións que sexan de índole social e humanitaria, a Redondela non vai quedar atrás.Un acto tan insignificante para unha persoa como doar sangue, pode ser o salvavidas para outra que precise de nós.



“Noxas Xeracións sempre foi unha asociación preocupada polos temas sociais, e, polo tanto, concienciados de que un pequeño xesto pode salvar una vida, poñemos en marcha esta campaña de doazón de sangue que se materializará no noso municipio o vindeiro día 23 na alameda de Redondela. Animamos a todos aqueles que poidan facelo, a realizar a súa doazón con nosco, e facer do Nadal unha data especial para aqueles que se beneficien dun xesto xeneroso que supón moi pouco esforzo.”