O Partido Popular de Redondela celebrou onte unha comida-mítin no Convento de Vilavella, á que asistiron case
400 simpatizantes e militantes do PP.
Nun ambiente de victoria, Vilavella compartiu prato con destacados cargos do Partido: José Juan Durán, Chema Figueroa, Ignacio López-Chaves, Alfonso Rueda, MªDolores de Cospedal e Alberto Núñez Feijoo.
Despois do xantar, a Presidenta do PP de Redondela, Paqui Canal, dirixiu unhas palabras ao auditorio, seguida da candidata por Redondela, Lorena López, da Secretaria Xeral do PP e o broche final o puxo o noso candidato e próximo Presidente da Xunta de Galicia, Feij009.
Unha vez mais, Redondela demostrou que é maioritariamente popular, que ten ilusión e gañas de que o 1 de marzo cambie a cor política de Galicia.
Chegou o momento!





No hay comentarios:
Publicar un comentario